Entradas

PRESENTACIÓN DO PROXECTO

O equipo de Dinamización da lingua galega do noso centro decidiu, ante a imposibilidade de atopar materiais adaptados para os máis pequenos,  elaborar un banco de recursos para dar a coñecer a esta figura tan relevante da historia de Galicia do século XX. Así que, tras traballar a vida e obra deste autor co noso alumnado presentamos unha serie de tarefas que eles mesmos deseñaron e elaboraron co fin de achegar o coñecemento deste polifacético autor a toda a comunidade educativa. Para a realización destes produtos finais cómpre citar as fontes empregadas polo alumnado: web da fundacioncastelao; web da Real academia galega; web biografiasyvidas.com; web historia-arte.com; web emigracion.xunta.gal; e web descubriroarte.es.